Páxinas

23/03/18

Actividades do VíndemoVer




Xa falta pouco para o VíndemoVer, preparádevos e poñede as mellores galas:) Estamos de festa!

Se queres ser a protagonista dun vídeo, ven ao “Faite oír”: Obradoiro no que as nenas e os nenos dan as súas opinións sobre moitos temas de interese.

29 de marzo ás 12:30h na Mostra de Promoción Local de Carnota “VíndemoVer”.

Saca unha foto coa túa mensaxe e a túa viñeta no “Fotocall”: Esta actividade está dirixida a toda a veciñanza.

Do 29 de marzo ao 1 de abril na Mostra de Promoción Local de Carnota “VíndemoVer”.


14/03/18

Debuxamos para pensar entre todas e todos!

"


Debuxiños da rapazada, entre todas e todos pensamos nunha Carnota Amiga da Infancia!

Estes son algúns exemplos de como pensamos e reflexionamos na realidade, no territorio, nas problemáticas e nas nosas fortalezas! As nenas, nenos e adolescentes debuxaron sobre cuestións que lle preocupan... a limpeza e coidado do entorno, as instalacións públicas, a seguridade, os servizos comerciais, as actividades culturais, deportivas e de lecer...

Queremos seguir a pensar entre todas e todos, para que a voz da infancia e adolescencia conte! Para facer pensar á veciñanza dende a perspectiva da infancia e adolescencia!

Deixámosvos aquí o cartaz das actividades e un tríptico informativo do proxecto. 

12/03/18

Actividades do mes de marzo


Argallamos entre todas e todos para facerllo saber á veciñanza!

Este mes de marzo queremos traballar convosco! Non vos perdades as actividades que temos previstas para este mes de marzo:

“Argallando”: Obradoiro sobre democracia, participación e mobilización infantil e xuvenil. Neste espazo pensaremos entre todas e todos o fondo dun fotocall para a veciñanza. O obxectivo é que a infancia e adolescencia mostre as súas opinións a través deste decorado para un fotocall na Mostra de Promoción Local de Carnota “VíndemoVer” deste ano.

16 de marzo ás 16:00h na ESMU

Requírese confirmación de asistencia no teléfono 981857032, ext. 2 (Servizos Sociais)

“Faite oír”: Obradoiro de elaboración participativa dun vídeo. Neste espazo traballaremos na elaboración dun vídeo para recoller as opinións da infancia e adolescencia.

29 de marzo ás 12:30h na Mostra de Promoción Local de Carnota “VíndemoVer”.

Requírese confirmación de asistencia no teléfono 981857032, ext. 2 (Servizos Sociais)

“Fotocall”: Esta actividade está dirixida a toda a veciñanza. No stand do Concello do VíndemoVer mostraremos o traballo realizado cos rapaces e rapazas.

Do 29 de marzo ao 1 de abril na Mostra de Promoción Local de Carnota “VíndemoVer”.

Deixámosvos aquí o cartaz das actividades e un tríptico informativo do proxecto.