Páxinas

24/04/19

I Foro debate da infancia e da adolescencia



I Foro debate da infancia e da adolescencia

O vindeiro martes 30 de abril ás 18:00 terá lugar o I Foro - debate da infancia e da adolescencia.

A convocatoria abrese á rapazada e á adolescencia. Este foro ten como obxectivo crear un espazo de encontro entre a rapazada e as políticas e políticos que se presentan as eleccións. Desta maneira, as necesidades e propostas da rapazada teranse en conta para as próximas eleccións municipais. Ademais, nesta tarde presentaremos a placa de UNICEF de Cidade Amiga da Infancia que se colgará na praza do Concello.
A xornada dividirase en tres momentos. Por unha banda, ás 18:00 teremos un pequeno obradoiro coa rapazada (de primaria e de secundaria) para pensar e reflexionar sobre as propostas que lle queremos facer chegar aos candidatos e persoas que forman parte das listas electorais.

Por outra, ás 19:00 teremos unha reunión na que as rapazas e os rapaces terán a oportunidade de conversar e escoitar ás persoas representantes dos partidos políticos que se presentan ás eleccións municipais.

E por último, ás 19:00 presentarase a placa de UNICEF que se colgará na praza do Concello, para así recoñecer a Carnota como un concello amigo da infancia.

Para máis información, non dubidedes en chamar ao departamento de Igualdade e Diversidade do Concello. Tflno: 981 85 70 32. Ext2.

Non deixes de participar, anímate a formar parte deste proceso tan ilusionante. Faite de Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia!