Páxinas

28/08/18

Primeira reunión de comisión de deportes

No mes de agosto as rapazas e os rapaces que forman parte da Comisión de Deportes reuníronse co persoal técnico do Concello. Neste encontro puideron contar e explicar cales son os seus intereses e afeccións, para así pensar nas actividades deportivas deste curso. Outro novo espazo onde pensar nas políticas municipais dende a voz da infancia e da adolescencia, PARABÉNS!!

E TI? NON QUERES FORMAR PARTE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA?

SE TES ENTRE 8 E 15 ANOS, ES UNHA RAPAZA OU RAPAZ CON GANA DE PARTICIPAR EN ACTIVIDADES MOI MOI INTERESANTES! NON O DUBIDES!
PONTE EN CONTACTO CON NÓS A TRAVÉS DA EDUCADORA FAMILIAR DO CONCELLO!!

ANÍMATE A PARTICIPAR!! FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!!

22/08/18

Primeira reunión de traballo da COMISIÓN DE CULTURA

Na mañá do día 13 deste mes reuníronse as representantes de infancia, do tecido social e do persoal técnico do Concello. Unha reunión moi produtiva, na que a rapazada falou das súas afeccións, dos seus intereses e daquelas actividades que lles gustarían para o vindeiro curso. Toda unha oportunidade para participar, para reflexionar e sobre todo para que nos escoiten. PARABÉNS!

LEMBRADE QUE ESTAMOS AGARDANDO A QUE PARTICIPES!
NON TE ANIMAS A FORMAR PARTE DESTAS COMISIÓNS?
PODEREMOS EXPRESAR O QUE PENSAMOS PARA LOGRAR QUE O CONCELLO APOSTE POLAS NOSAS IDEAS!