19/09/18
PROXECTOS CREATIVOS!
Que ben argallar iniciativas para a concienciación medioambiental!!
Nos obradoiros destas semanas a rapazada está a traballar dende o eido creativo. Todas e todos pensamos na elaboración de vídeos para facer reflexionar sobre o coidado do mar e a valía da pesca tradicional.
Pronto informaremos máis sobre este proxecto tan chulo ;)
Anímaste a participar e a formar parte da nosa equipa? Estaría xenial!
FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!! PONTE EN CONTACTO COA EDUCADORA FAMILIAR!
07/09/18
OBRADOIROS DE SETEMBRO
Arrinca a nova tempada con moita enerxía!!
Comezamos o curso cargadas de actividades que vos iremos contando aos poucos ;)
En setembro dous obradoiros, estades preparadas e preparados para crear cousas chulas?
Anímate a participar con nós!
Buscamos socios e socias ;)
ANÍMATE A PARTICIPAR!! FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!! PONTE EN CONTACTO COA EDUCADORA FAMILIAR!
04/09/18
Programación de actividades culturais e deportivas
Xa está publicada a oferta de actividades culturais e deportivas para este curso! Por primeira vez as actividades foron pensadas entre todas e todos a través do traballo das Comisións da rapazada. Xa é unha realidade, actividades como cinefórum, fotografía, clube de lectura ou xadrez forman parte da programación grazas á participación infantil e adolescente.
Que marabilla que poidamos pensar este Concello entre todas e todos!
E TI? NON QUERES FORMAR PARTE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA? Poderás formar parte das decisións e pensar actividades que máis che presten ;)
SE TES ENTRE 8 E 15 ANOS, ES UNHA RAPAZA OU RAPAZ CON GANA DE PARTICIPAR EN ACTIVIDADES MOI MOI INTERESANTES! NON O DUBIDES!
PONTE EN CONTACTO CON NÓS A TRAVÉS DA EDUCADORA FAMILIAR DO CONCELLO!!
ANÍMATE A PARTICIPAR!! FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!!