30/10/18
Agora si estamos de celebración!
Grazas ao traballo realizado nos últimos meses pola rapazada, as familias, a veciñanza, o persoal técnico e o persoal político Carnota vén de ser recoñecida por UNICEF como Cidade Amiga da Infancia! Consulta neste enlace a publicación de UNICEF .
Moitísimos parabéns a todas e a todos!!
Agora si, esperámosvos!! En breve informarmos da nova programación de actividades e sorpresas!
FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!! PONTE EN CONTACTO COA EDUCADORA FAMILIAR do Concello!
18/10/18
Aulas de fotografía
Xa comezamos as aulas de fotografía!
Grazas ao traballo da comisión de cultura do Consello Municipal de Infancia, o departamento de cultura programou clases de fotografía. A rapazada segue a decidir na programación municipal, pode solicitar ao Concello aquelas actividades que máis lle interese e que lle preste. .
E ti? Anímaste a formar parte das Comisións de Traballo do Consello Municipal de Infancia e da Adolescencia??
Esperámosvos!! Non falledes!!
FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!! PONTE EN CONTACTO COA EDUCADORA FAMILIAR do Concello!
08/10/18
Esta fin de semana estreámonos na I Mostra Internacional de Mares da Fin do Mundo
Durante o mes de setembro e principios de outubro tivemos diferentes obradoiros de vídeo participativo. Esta fin de semana toda a veciñanza poderá ver os resultados en directo!! Os vídeos das rapazas e dos rapaces de Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia proxectaranse enFestival Mares Fin do Mundo.
A Escola de Cinema de Mar de Lira deu os seus froitos!! Estaremos encantadas de recibirvos e de que vexades o traballazo realizado!!
Esperámosvos!! Non falledes!!
FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!! PONTE EN CONTACTO COA EDUCADORA FAMILIAR do Concello!
01/10/18
CREAMOS VÍDEOS ENTRE TODAS E TODOS!!
Este xoves 4 de outubro ás 17:00 na Casa da Mariñeira xuntámonos de novo para argallar vídeo entre todas e todos!!
O obxectivo deste obradoiro é que a rapazada cree vídeos de concienciación sobre o coidado do mar e da pesca tradicional. Esta idea xorde dunha colaboración entre o Festival Mares Fin do Mundo e Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia. Deste xeito, no marco desta actividade toda a veciñanza poderá visualizar os vídeos das rapazas e dos rapaces!!
Anímaste a participar e a formar parte da nosa equipa? Estaría xenial!
FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!! PONTE EN CONTACTO COA EDUCADORA FAMILIAR do Concello!