Páxinas

26/07/18

As comisións de traballo!


No obradoiro de hoxe a rapazada estivo activa! :)

Na mañá de hoxe as rapazas e rapaces que participaron do obradoiro crearon logos para as nosas comisións de traballo. Comezamos deste xeito a andaina para expresar as nosas propostas, ideas, necesidades e inquedanzas ao Concello.

LEMBRADE QUE ESTAMOS AGARDANDO A QUE PARTICIPES!
NON TE ANIMAS A FORMAR PARTE DESTAS COMISIÓNS?
PODEREMOS EXPRESAR O QUE PENSAMOS PARA LOGRAR QUE O CONCELLO APOSTE POLAS NOSAS IDEAS!
SE TES ENTRE 8 E 15 ANOS, ES UNHA RAPAZA OU RAPAZ CON GANA DE PARTICIPAR EN ACTIVIDADES MOI MOI INTERESANTES! NON O DUBIDES!
PONTE EN CONTACTO CON NÓS A TRAVÉS DA EDUCADORA FAMILIAR DO CONCELLO!!

ANÍMATE A PARTICIPAR!! FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!!

23/07/18

Encontro do Consello Municipal de Participación Infantil e Adolescente


Hoxe traballamos arreo!

Na mañá de hoxe xuntámonos todas e todos para definir unha estratexia de traballo. 10 representantes da rapazada de Carnota sentouse co persoal político e técnico, comunidade educativa e asociacións para pensar en común.Finalmente decidimos organizarmos por comisións, entendendo por estas grupos de traballo onde poidamos propor ideas e falar dos nosos intereses e necesidades. Así, en cada un destes grupos traballaremos en equipo a rapazada, as traballadoras do Concello, a comunidade educativa e o tecido asociativo. Esta é unha grande oportunidade para que se escoite ás rapazas e aos rapaces de Carnota!

Estas son as comisións que creamos!! :)

COMISIÓN DE CULTURA E LINGUA
COMISIÓN DE DEPORTE
COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE
COMISIÓN DE ESPAZO PÚBLICO E SEGURIDADE VIAL
COMISIÓN DE EDUCACIÓN E DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS

Se ti es unha rapaza ou un rapaz activo, con inquedanzas, con intereses e que che gusta facer moitas cousas... non o penses! anímate a participar e así poderemos construír unha Carnota Amiga da Infancia entre todas e todos! Ponte en contacto con nós a través da Educadora Familiar do Concello!! :)

ANÍMATE A PARTICIPAR!! FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!!

20/07/18


Seguimos coas actividades de verán!

A rapazada aproveitou os obradoiros nos que argallamos xogos para reflexionar sobre diferentes temas

A semana que vén seguimos con máis cousas!!

OBRADOIRO PARA RAPAZAS E RAPACES DE 8 A 11 ANOS
- Xoves 26 de xullo
- De 10:30 a 13:30
- Na Casa da Mariñeira

LUNS 23 DE XULLO: ENCONTRO DO CONSELLO MUNICIPAL DE PARTICIPACIÓN INFANTIL E ADOLESCENTE
- Luns 23 de xullo
- De 11:00 a 12:00
- Salón de Plenos do Concello

ANÍMATE A PARTICIPAR!! FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!!

05/07/18


Estamos de volta!!

Comeza o verán e Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia retoma as actividades

Queremos contar coa participación de rapazas, rapaces e adolescentes que teñan gana de reflexionar, investigar e de crear para o ben do noso Concello!

En serio... anímate!! Veña oh... :)

OBRADOIROS PARA RAPAZAS E RAPACES DE 8 A 11 ANOS
- Xoves 12 e xoves 26 de xullo
- De 10:30 a 13:30
- Na Casa da Mariñeira

OBRADOIRO PARA MOZAS E MOZOS DE 12 A 15 ANOS
- Xoves 19 de xullo
- De 10:30 a 13:30
- Na casa da Mariñeira

NON FALLES!! FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!!