Páxinas

23/07/18

Encontro do Consello Municipal de Participación Infantil e Adolescente


Hoxe traballamos arreo!

Na mañá de hoxe xuntámonos todas e todos para definir unha estratexia de traballo. 10 representantes da rapazada de Carnota sentouse co persoal político e técnico, comunidade educativa e asociacións para pensar en común.Finalmente decidimos organizarmos por comisións, entendendo por estas grupos de traballo onde poidamos propor ideas e falar dos nosos intereses e necesidades. Así, en cada un destes grupos traballaremos en equipo a rapazada, as traballadoras do Concello, a comunidade educativa e o tecido asociativo. Esta é unha grande oportunidade para que se escoite ás rapazas e aos rapaces de Carnota!

Estas son as comisións que creamos!! :)

COMISIÓN DE CULTURA E LINGUA
COMISIÓN DE DEPORTE
COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE
COMISIÓN DE ESPAZO PÚBLICO E SEGURIDADE VIAL
COMISIÓN DE EDUCACIÓN E DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS

Se ti es unha rapaza ou un rapaz activo, con inquedanzas, con intereses e que che gusta facer moitas cousas... non o penses! anímate a participar e así poderemos construír unha Carnota Amiga da Infancia entre todas e todos! Ponte en contacto con nós a través da Educadora Familiar do Concello!! :)

ANÍMATE A PARTICIPAR!! FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!!