28/08/18
Primeira reunión de comisión de deportes
No mes de agosto as rapazas e os rapaces que forman parte da Comisión de Deportes reuníronse co persoal técnico do Concello. Neste encontro puideron contar e explicar cales son os seus intereses e afeccións, para así pensar nas actividades deportivas deste curso. Outro novo espazo onde pensar nas políticas municipais dende a voz da infancia e da adolescencia, PARABÉNS!!
E TI? NON QUERES FORMAR PARTE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA?
SE TES ENTRE 8 E 15 ANOS, ES UNHA RAPAZA OU RAPAZ CON GANA DE PARTICIPAR EN ACTIVIDADES MOI MOI INTERESANTES! NON O DUBIDES!
PONTE EN CONTACTO CON NÓS A TRAVÉS DA EDUCADORA FAMILIAR DO CONCELLO!!
ANÍMATE A PARTICIPAR!! FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!!