Páxinas

08/10/18



Esta fin de semana estreámonos na I Mostra Internacional de Mares da Fin do Mundo

Durante o mes de setembro e principios de outubro tivemos diferentes obradoiros de vídeo participativo. Esta fin de semana toda a veciñanza poderá ver os resultados en directo!! Os vídeos das rapazas e dos rapaces de Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia proxectaranse enFestival Mares Fin do Mundo.

A Escola de Cinema de Mar de Lira deu os seus froitos!! Estaremos encantadas de recibirvos e de que vexades o traballazo realizado!!

Esperámosvos!! Non falledes!!

FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!! PONTE EN CONTACTO COA EDUCADORA FAMILIAR do Concello!