Páxinas

01/10/18

CREAMOS VÍDEOS ENTRE TODAS E TODOS!!



Este xoves 4 de outubro ás 17:00 na Casa da Mariñeira xuntámonos de novo para argallar vídeo entre todas e todos!!

O obxectivo deste obradoiro é que a rapazada cree vídeos de concienciación sobre o coidado do mar e da pesca tradicional. Esta idea xorde dunha colaboración entre o Festival Mares Fin do Mundo e Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia. Deste xeito, no marco desta actividade toda a veciñanza poderá visualizar os vídeos das rapazas e dos rapaces!!

Anímaste a participar e a formar parte da nosa equipa? Estaría xenial!

FAITE DE CARNOTA AMIGA DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA!! PONTE EN CONTACTO COA EDUCADORA FAMILIAR do Concello!